O DESAFÍO DO SIL

LONGAMETRAXE DOCUMENTAL

En 1959, Alejandro del Campo, o novo enxeñeiro responsable dos proxectos de Saltos del Sil, durmía pouco. En xaneiro, a rotura dunha presa de Eléctricas  Moncabril tiña arrasado o pobo de  Ribadelago na provincia de Zamora . 

 

Meses despois, o Sil baixaba cun caudal maior do previsto, e as presas de Santo Estevo e San Pedro aínda estaban en construción. O enxeñeiro era consciente do perigo que chegaba en forma de riada. A posibilidade doutra traxedia, agora en Ourense, era real. 

Mentres  Diotino, empregado de Saltos del Sil, traballaba día e noite para mitigar os efectos da riada, os seus veciños agricultores, seguían as súas rutinas con normalidade. Non eran conscientes da catástrofe que axexaba. Tampouco da transformación que ían soportar as súas vidas e as comarcas nas que se asentaban as obras.

Créditos

Escrita e dirixida por Domingo D Docampo 

Produción executiva: Domingo D Docampo e Manolo Gómez 

Unha produción de Socialdocs 

Co apoio de AGADIC. Xunta de Galicia

Compartir