QUE FACEMOS

DOCUMENTAIS

Socialdocs produce documentais sobre temas de interese social.
Despois de anos producindo documentais e contidos publicitarios para outras compañías, Domingo D Docampo funda Socialdocs co obxectivo de producir proxectos propios.

Desde a idea ata a proxección, o noso equipo de produción responsabilízase de todos os procesos necesarios para a realización dun proxecto.

Buscamos que as nosas historias cheguen ao maior número de persoas e que contribúan a dar a coñecer novas caras da realidade.

EDUCACIÓN

A combinación de educación e entretemento, así como o emprego de contidos audiovisuais permítenos chegar dun modo máis amigable ao público ao que nos diriximos e cumprir o reto de introducir cambios nos colectivos cos que traballamos.

A nosa metodoloxía busca motivar ao alumnado e facilitar os procesos de aprendizaxe en procesos de descubrimento que organizamos segundo os grupos aos que nos diriximos.

Os nosos proxectos educativos incentivan a colaboración ao mesmo tempo que personalizan a aprendizaxe.

Os campos nos que traballamos habitualmente son: A prevención da violencia de xénero, o fomento da igualdade, a educación ambiental e o envellecemento activo.

DE MAIOR CREA

De maior Crea é un proxecto desenvolvido por Socialdocs que busca a mellora da calidade de vida das persoas maiores.

Propoñemos unha nova forma de entender o envellecemento activo, outorgando un papel protagonista ás persoas maiores.
A través de talleres creativos formamos espazos de autorrealización nos que poden desenvolver e potenciar as súas capacidades creativas, de relación, de xestión e tamén de autonomía.

Mediante a creación de contidos convértense en voces que dan unha nova visión do envellecemento e propoñen novos desafíos, demandas e solucións.

FORMACIÓN AUDIOVISUAL

Impartimos formación teórica e práctica sobre os diferentes aspectos da creación audiovisual. As nosas actividades formativas adáptanse ao público e buscan fomentar a participación e desenvolver o talento.

Algúns dos nosos cursos:
· Produción de documentais
· Cinema con tu Smartphone
· Produción de animación
· Creación audiovisual
· Desenvolvemento de proxectos
· A túa primeira curtametraxe

DISTRIBUCIÓN

Se desexa proxectar algunha das nosas producións contacte connosco. Tamén xestionamos os dereitos doutras películas e organizamos ciclos e mostras de cinema.