TOMÁS FÁBREGAS – FIGHTING BARRIERS

LONGAMETRAXE DOCUMENTAL – EN PRODUCIÓN

DATA PREVISTA DA ESTREA: 2020

Nos primeiros anos da pandemia da sida en EEUU xurdiron moitas asociacións para loitar contra a indiferenza das administracións e a falta de solucións políticas, médicas e sociais. 

Tomás Fábregas foi un destacado activista que, en 1992, plantou cara ao goberno de EEUU. Unha lei prohibía aos inmigrantes con VIH entrar ao país. Tomás, tras participar na Conferencia Internacional sobre a sida en Ámsterdam, fixo público que regresaría a San Francisco, asumindo o risco de ser detido e deportado. O apoio de activistas e políticos entre os que se atopaban Liz Taylor e o alcalde de San Francisco Frank M Jordan fai que a chegada de Tomás ao aeroporto convértase en noticia internacional e símbolo da loita contra a discriminación. 

 

Na actualidade, un grupo de activistas da Coruña (España) continúan traballando polos dereitos das persoas con VIH. Ao descubrir a figura de Tomás deciden dar a coñecer o seu legado. 

Cando un goberno poderoso di que non, un cidadán di que sí.

A loita dun home contra a discriminación das persoas con VIH.

Créditos

Escrita e dirixida por Domingo D Docampo 

Produción executiva: Domingo D Docampo e Manolo Gómez 

Unha produción de Socialdocs 

Co apoio de AGADIC. Xunta de Galicia

Compartir