NOETIÑA

DOCUMENTAL

Con 25 anos, a vida de Jenifer é o mar. Antes foi a do seu avó Manuel, a quen todos en Fisterra coñecen por Noeta, e tamén a do seu pai Urbano có que sae a pescar.

Jenifer quere seguir a saga familiar e algún día, cando o seu pai se retire, ser a propietaria do Noeta, o barco familiar no que exerce de patroa tornándose có pai. 

Pola mañá cedo, Urbano leva o barco mentres Jenifer durme na ponte. Ao regresar pola tarde, é Urbano quen descansa mentres a súa filla guía.

A familia apoia a Jenifer, pero non o ten fácil. Está embarazada e as dúbidas sobre o coidado dos fillos xorden e ameazan o seu soño. 

Créditos

Escrito e dirixido por Gabriela Amor Puente

Producido por Domingo D Docampo

Produción executiva: Domingo D Docampo e Manolo Gómez 

Unha produción de Socialdocs 

Proxecto gañador do I Premio Luísa Villata de proxectos culturais pola igualdade 

da Deputación da Coruña

Compartir